¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

O PROXECTO MEXILLONARIA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar


O mexillón en Galicia ten carácter propio. Consumido dende a época castrexa ata a actualidade, marcando un punto de inflexión a chegada das primeiras bateas á Ría de Arousa arredor do ano 1945. Neste momento pásase de realizar unha recolección rústica e primaria a transformarse nun cultivo, convertíndose no motor económico para moitas localidades costeiras. 

E algo inherente ao despegue desta a actividade é a muller. Elas foron as que, co seu tesón e a súa firmeza, foron quen de sacar adiante moitas familias. Traballando na terra e tamén no mar. Nós temos a Celia, un exemplo de compromiso co presente, respecto polas orixes do seu traballo e preocupación polo futuro.

A través da mirada de Celia non só coñecemos o cultivo do mexillón , senón que pasamos por un proceso de reflexión sobre o pasado, presente e futuro desta profesión na Ría de Arousa.

MEXILLONARIA é unha curtametraxe documental sobre a muller mariñeira e a ecoloxía na Ría de Arousa.